Neda acolle o tradicional Feirón Mensual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística de Neda, Montse Rico, invitou a veciños e visitantes a acudir este sábado, 26 de outubro, ao Feirón Mensual de Neda. Celebraráse durante toda a mañá na rúa Valle Inclán, no entorno da Casa das Palmeiras. Os potenciais clientes teñen á súa disposición un aparcadoiro gratuíto duns 4.000 m2 a escasos metros, na rúa Curros Enríquez.

O Feirón Mensual celébrase todos os cuartos sábados de mes dende os últimos catro anos. Os obxetivos están claros: incentivar a economía de autónomos e pequenos comercios á vez que promocionar turisticamente a vila co fin de que a veciñanza de Ferrolterra se achegue a Neda.

24 de outubro de 2013 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.