Neda acolle a representación da obra “Contos para escagarriñarse” de Ghazafelhos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado, 12 de outubro, a representación teatral da obra “Contos para escagarriñarse”, da compañía Ghazafelhos. Unha comedia dirixida ao público familiar que narra tres historias de terror, misterio e loucura coas que os pais, nais, avós e avoas teñen torturado docemente aos nenos ao longo dos tempos. O elenco da peza está integrado por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho quenes, sen dúbida, ofrecerán unha tarde cargada de bo humor aos presentes.

Será este sábado, ás 18,30 horas e o prezo das entradas está fixado nun euro para nenos e nenas e, en dous, para os adultos. Así, os interesados en asistir á obra, que forma parte da programación cultural do Concello e se inclúe na Rede Cultural da Deputación provincial, poden mercar os seus pases dende este xoves, 10 de outubro, na propia Casa da Cultura.

9 de outubro de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.