publicidade hoxe

Muxía abre o prazo para solicitar a bonificación do IBI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O Concello de Muxía abre o prazo , ata o 25 de novembro, para que as persoas interesadas poidan, de acordo co establecido na ordenanza en vigor, solicitar bonificación do 95% da cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles para aquelas “construcións nas que desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou pesqueiras pertencentes ao sector primario”.

Xunto coa solicitude deberán presentar a seguinte documentación:

– Certificado de Facenda no que conste a situación censal do solicitante
– Acreditación da titularidade catastral do inmoble
– Certificado de non ter débedas con Facenda (estatal, autonómica e local)
– Xustificante de recoñecemento da explotación ou licenza da actividade correspondente

As solicitudes han de presentarse no Rexistro Xeral do Concello

22 de outubro de 2013 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.