Música e títeres invadirán o Auditorio Municipal de Ribadumia
O Auditorio Municipal de Ribadumia será escenario esta fin de semana dunha doble cita:
O sábado 26, as 18:00 horas a compañía BABALUBA ofrecerá o seu espectáculo: LUME. Un espectáculo de títeres realizados con obxetos cotidiás que relata unha historia de sensibilización ambiental na que se recrea un bosque e os seus animais. A actuación está dirixida a tódolos públicos e en particular os mais pequenos. A entrada e gratuita.
Xa o domingo, será quenda da participante no programa RECANTOS de LUAR da TVG, Alejandra Carrera. A Vilagarciana ofrecerá un concerto en directo con versións de éxitos clásicos e actuais no que os asistente poderán disfrutar da súa espectacular voz. A cita e as 20:00 horas e a entrada e libre.











