Mos aproba inicialmente o orzamento para o 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Esta tarde aprobarase inicialmente en Pleno o orzamento 2014 do Concello de Mos. Deste xeito, a administración local mosense aproba un ano máis en tempo e forma, e meses antes do inicio do novo exercicio económico, o seu orzamento anual; tal e como declaran a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Facenda e Patrimonio e tenente alcalde, Óscar Soto. Este é o sexto presuposto que elabora un goberno municipal encabezado por Nidia Arévalo como alcaldesa e se repite, por sexta vez consecutiva, o feito de aprobalo en tempo e forma antes do inicio do novo exercicio.

Gastos

No presuposto para 2014 o equipo de goberno mosense faise eco das demandas dos veciños e veciñas de Mos primando a prestación duns servizos de primeira no que respecta a limpeza viaria e conservación de estradas, alumeado público, mantemento de parques e xardíns, colexios e escolas infantís, pabellóns e Piscina Municipal, etc. Por esta razón, a elaboración do orzamento para o ano 2014 vínculase novamente á austeridade do gasto público de xeito que se eliminan os gastos innecesarios, sen que en ningún caso se vexan afectados o gasto social, que incluso se incrementa, nin a promoción da cultura e o deporte, cuias partidas se manteñen para poder continuar a promover a actividade de clubes deportivos e asociacións culturais municipais, tan importantes para o enriquecemento da localidade.

Outros capítulos de vital importancia para o presuposto do próximo ano son o Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa aprobado inicialmente e con previsión de aprobación definitiva antes do fin de 2015. Asimesmo, outro pilar fundamental do novo orzamento serán as políticas de emprego nas que se pretende manter convenios coa Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, para a organización de diversos plans de fomento e xeración de emprego no municpio; así coma accións formativas para persoas en situación de paro, o portal dixital EmpregaMos de orientación e búsqueda laboral para desempregados, os servizos municipais de orientación laboral e asesoramento a emprendedores, etc.

En canto ó referido gasto en Benestar Social, o orzamento de 2014 reflicte o compromiso desta Corporación para facer realidade o apoio ás familias, xóvenes e maiores mediante políticas de benestar e igualdade así coma garantir os servizos sociais, consolidando os novos servizos e prestacións referentes á dependencia, e increméntándose a partida de axuda no fogar.

E respecto das arriba mencionadas materias de Cultura e Deportes, reiterar de novo o propósito do Concello de continuar co apoio e fomento da cultura e o deporte, facendo un novo esforzo por manter a liña de axudas consignadas así coma o fomento das Escolas Deportivas.

O orzamento para o ano que ven ascenderá a 9.214.540,26 euros, aproximadamente un millón de euros máis que o presuposto do actual 2013, a pesar de incluír unha baixada do IBI e a conxelación dos impostos e taxas municipais.

A rexedora local destaca que o orzamento de 2014 é un presuposto realista no que non se vai realizar ningunha operación de crédito (é máis, amortizarase un millón de euros de débeda bancaria no vindeiro presuposto, o que supón tamén un gran esforzo para o Concello de Mos) e, as arcas municipais contemplan os ingresos que corresponden, non se gasta por riba das posibilidades reais, e destaca sobre todo o orde e a austeridade para equilibrar a balanza entre os capítulos de gastos e ingresos.

Tamén respecto do orzamento de gastos, e analizando os mesmos en función das novidades máis importantes, como hitos máis destacados recóllense, no referente ó capítulo de persoal, o non incremento do gasto no mesmo.

Outro dato enormemente significativo do orzamento do Concello de Mos para o 2014 é a eliminación da partida de gastos de Saneamento e Abastecemento, gracias á posta en marcha do Consorcio para a xestión do ciclo urbán da auga do Louro. Dos catro concellos integrantes do Consorcio, o de Mos é o primeiro que aproba o seu novo presuposto prescindindo da partida adicada a Saneamento e Abastecemento.

Gracias á entrada en vigor deste Consorcio, os veciños e veciñas de Mos beneficiaranse en diversos aspectos en canto ó que á prestación de servizos de saneamento e abastecemento se refire, entre os cales destaca o gran aforro nas tarifas por autorización de conexión a ambas redes –alcantarillado e traída de augas-, que pasan de custar por unidade de execución de acometida de ata 5 metros de lonxitude uns 700 euros establecidos pola ordenanza municipal, ós preto de 350 euros que establece a ordenanza do Consorcio por unidade de execución de acometida de ata 8 metros de lonxitude; ambas tarifas relativas a unidades de instalación de uso doméstico e asimilado. Isto é, que o veciño que a partir do 2014 queira enganchar a súa vivenda ás redes de saneamento e abastecemento aforrarase na acometida domiciliaria un total aproximado de 350 euros, gracias á entrada en vigor do Consorcio para a xestión do ciclo urbán da auga do Louro.

Ademais, os representantes municipais informaron hoxe de que o orzamento para o ano 2014 vai estar condicionado, tal e como ven ocorrendo xa en exercicios anteriores, polo Plan de Axustes para pago a proveedores; así o explicaron Arévalo e Soto. O Plan de Axustes foi unha medida necesaria para subsanar a débeda acumulada dende o 2003 polos gobernos previos ó presidido por Nidia Arévalo. Dito Plan de Axustes baséase nunha racionalización do gasto corrente e en garantir os ingresos para manter a prestación de servizos ó tempo que se mantén o equilibrio da estabilidade orzamentaria.

En resumo, o novo presuposto manterá o gasto en Educación e Benestar Social e entre as principais inversións do Concello de Mos para o 2014 destaca a aposta pola impulsión do PXOM, o novo punto limpo no PEMOS-Veigadaña, e a limpeza de viais.

Ingresos

En materia de ingresos incrementarase tamén a participación de tributos do estado dacordo coa liquidación de 2013, que pasa de 2.400.000 euros a 2.800.000 euros. “E tamén conseguimos que servizos públicos que lle xeraban un gran déficit ás contas do Concello visen sensiblemente reducido dito déficit, tal é o caso da recollida de lixo, que en anos previos ó 2013 chegou a xerar un déficit anual ás arcas municipais de 400.000 euros”, explica a alcaldesa, Nidia Arévalo.

Un dos obxectivos principais da xestión económica do equipo de goberlo local é a liquidación dos orzamentos con cifras positivas no Remanente de Tesourería, liña na que se traballou á hora de elaborar o orzamento municipal para 2014; tendo en conta que xa no ano 2012 se reduciu de xeito moi importante esa magnitude en relación ó ano precedente. Por todo o cal, o orzamento do ano 2014 vincúlase ó Plan de Axuste aprobado polo Pleno do Concello, que permita recuperar a situación de equilibrio das contas públicas e un Remanente de Tesourería positivo.

Sinálase por último o compromiso da Alcaldía en particular e do grupo de goberno en xeral de manter os esforzos por acadar axudas en forma de achegas económicas doutras administracións que permitan completar a realización de inversións municipais como ben sendo habitual nos exercicios anteriores.

Impostos e taxas municipais

No capítulo orzamentario de impostos e taxas municipais, Arévalo e Soto declaran, sobre o presuposto de 2014, a conxelación de tódolos impostos e taxas, agás o IBI urbano que se reduce baixando do 0,8 ó 0,54, tipo mínimo aplicable por lei; e, ademais, contémplanse as exencións de pago para certos contribuíntes nalgúns casos, así coma bonificacións de ata o 95% noutros casos.

En canto ás exencións de cara ó vindeiro exercicio do 2014 contémplanse na taxa do imposto de rodaxe ós titulares de vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos, no imposto sobre vehículos de tracción mecánica en caso de tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de Cartilla de Inspección Agrícola; no imposto sobre bens inmobles, IBI, no caso dos bens comunais e montes veciñais en man común, os montes poblados con especies de crecemento lento cuio principal aproveitamento sexa a madeira ou o corcho, e os montes nos que se realicen repoboacións forestais ou rexeneración de masas arboladas suxeitas a proxectos de ordenación ou plans técnicos aprobados pola Administración forestal.

Respecto das bonificacións, aplícanse bonificacións no IAE (Imposto sobre Actividades Económicas) ás cooperativas e ás sociedades agrarias de transformación; e bonificacións do 50% ca cota correspondente para os que inicien exercicio de calquera actividade profesional, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenrolo da mesma.

Tamén se aplica unha bonificación do 50% na taxa de lixo a pensionistas, familias monoparentais e familias numerosas cando a renda per cápita de unidade familiar non excede o 75% do salario mínimo interprofesional.

Outra bonificación é do 50% na taxa polos servizos extraordinarios en materia de emerxencias, extinción de incendios, rescates e salvamento, sempre que o ingreso da unidade familiar non o supere en computo anual, ou salario mínimo interprofesional e posúan un patrimonio inmobiliario con valor catastral igual ou menor a 36.000 euros. Sendo o único ben patrimonial a vivenda propia, ou o seu valor catastral, pode superar esa cantidade.

Tamén se bonifica o 50% na taxa de utilización na piscina Municipal, para o primeiro fillo menor de idade daquelas familias en cursos de natación, o 100% a partir do segundo fillo (quedan exentos de pago polo tanto); e o 20% e 30%  a colectivos veciñais e culturais dependendo do número de membros que a utilizen.

E por último contémplanse bonificacións relativas á taxa de construccións, instalacións ou obras que ascenden ata o 95% cando se trata de Construcións, instalacións ou obras declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais que xustifiquen tal declaración; ou Construcións instalacións ou obras en edificios históricos artísticos catalogados como tales.

31 de outubro de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.