Mos acolle a celebración da segunda edición do Festival Bailamos

Presentación do Festival Bailamos
A concellería de Cultura do Concello de Mos organiza o II Festival Bailamos de música e danza tradicionais. O festival se celebrará o vindeiro domingo, día 3 de novembro, ás 17.00 horas no centro Multiusos das Pozas.
Sara Cebreiro, edil mosense de Cultura, informou hoxe sobre os grupos que actuarán en dita velada folclórica e que serán A Cividade de Louredo, Arume de Guizán, Nosa Terra de Pereiras, Santa Eulalia de Mos, Ruada de Torroso, Abrente de Torroso, As Pedriñas de Tameiga, Celado de Cela, Follas Novas de Guizán e o Grupo Folk ‘Xabenga’.Tódalas agrupacións participantes son naturais do municipio de Mos.
Respecto desta iniciativa cultural, a concelleira delegada, Sara Cebreiro, declarou que “se trata dun econtro altamente enriquecedor tanto para os nove grupos de Mos que participarán, como para o grupo convidado e para todo o público asistente”. Ademais, engadiu a concelleira, “con actividades coma esta contribuímos á conservación tanto da música como do baile tradicionais galegos, fomentando tanto o seu estudio e práctica coma o interese neles por parte da poboación da nosa localidade”.











