Modificacións no tráfico por obras na cidade
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de cambios de tráfico que se producirán na cidade con motivo de diferentes obras:
– A reparación do tubo de rede de sumidoiros na avenida de Monelos fronte ao colexio Eirís implica mañá, venres 25 de outubro, entre as 09.30 e as 11.30 horas, o desvío do tráfico pola zona de estacionamento, manténdose os dous sentidos de circulación.
– A apertura dunha gabia para a execución de canalizacións no cruzamento de Rúa Alta coa rúa Orzán (ata o número 3 de Rúa Alta) obriga a cortar o tráfico de Rúa Alta, no tramo comprendido entre San Andrés e rúa Orzán. Será dende o sábado, 26 de outubro, ás 09.00 horas, ata o luns, día 28. O desvío de tráfico, que contará con presenza policial, realizarase pola rúa Sol. Neste sentido e de xeito excepcional, habilitarase o tránsito de buses e vehículos de máis de 8 metros por esta vía. Para realizar a manobra impedirase o estacionamento na rúa Sol, no tramo máis próximo a San Andrés. A parada de autobús en Paseo Marítimo-Cancela (avenida Pedro Barrié de la Maza), utilizada polas liñas 4, 6, 6 A e 11, quedará fóra de servizo, manténdose o resto de paradas plenamente operativas durante todo o percorrido.
– A realización dun cruzamento de calzada na avenida de Arteixo á altura do número 15 e Enrique Dequidt, esquina avida de Arteixo, realizarase o sábado, 26 de outubro, de 08.00 a 15.00 horas. Será necesaria a ocupación dun carril na avenida de Arteixo á altura do número 15 e o corte do acceso dende esta avenida cara a Enrique Dequidt, sendo a alternativa para o tráfico a avenida de Arteixo-Juan Flórez-Enrique Dequidt.











