Mesa de coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A concellería de igualdade e benestar social convoca unha mesa de  Coordinación para a mellora de atención  ás vítimas de violencia de xénero do Concello do Carballiño Que terá lugar o día 24 de outubro ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello.

Esta mesa ten como obxetivo fundamental mellorar a atención e conseguir a súa adaptación  ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia.

A citada mesa está constituída por diferentes administracións tales como  o Concello do Carballiño, Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, Policía Local, Centro de Saúde, Comandancia da Garda Civil da Provincia de Ourense, Posto da Garda Civil do Carballiño, Xuzgado, Subdelegación  do Goberno de Ourense.

23 de outubro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.