Mercedes Rancaño exporá as fotografías de “Luces da Festa” na Casa da Cultura monfortina
A exposición fotográfica “LUCES DA FESTA”, de MERCEDES RANCAÑO, é unha actividade enmarcada na programación da Delegación de Cultura do Concello de Monforte. Trátase da primeira das exposicións do OUTONO FOTOGRÁFICO 2013, actividade na que tamén se está realizando un curso de fotografía dixital.
A exposición poderase ver na Casa da Cultura desde o luns día 4 ata o xoves día 14 de novembro, os días laborables de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Esta exposición achéganos as noites máxicas e fascinantes das festas, con miles de luces en movemento, estridentes reclamos, música, xente que ri..
A exposición recrea ese ambiente de festa mirando todo o que brilla cos ollos ilusionados dos nenos.
Sabemos que nuns días todo desaparecerá: as luces apagaranse, os feirantes recollerán os seus trastes e todos volveremos ás nosas pequenas vidas … pero até entón …
Licenciada en Medicina e especialista en Oftalmoloxía, ten realizado diversas exposicións en cafés e librarías así como pequenas colaboracións con revistas.
Nos últimos anos empezou a dedicarse á fotografía de forma profesional, colaborando de forma continuada con revistas como Trasluz e Eco (revista do Eixo Atlántico), e tamén realizando outros traballos como axendas, directorios, fotografía para páxinas web, catálogos, etc.
Mercedes Rancaño Otero expuxo en varias salas e colaborou con diversos eventos:
Molduarte , Cedeira en abril 2009
Raskeler , Vigo en xullo 2009
Sala Uxío Novoneira do concello de Lugo en setembro 2009
Sala Juana Francés do concello de Madrid en decembro 2009
Salga Liceo do concello de Betanzos en setembro 2010
Exposición colectiva na sede do INAP en Madrid, outubro de 2010
Espazo aberto da escola de negocios INGAFOR de Vigo, novembro 2010
Exposición na revista Extramundi sobre o 800 aniversario da catedral de Santiago, xullo 2011
Exposición no concello de Betanzos, sala Liceo, agosto 2011
Participación con dúas exposicións no Outono fotográfico de Ourense, Ourense novembro 2011
Imaxe cedida para o cupón da ONCE no centenario de Alvaro Cunqueiro, decembro 2011
Sala de exposicións da “Casa Habanera” do concello de Guitiriz decembro 2011 – xaneiro 2012
Casa da Cultura de Sarria, abril 2012
Casa da Cultura de Chantada, xuño 2012











