Medio cento de socios da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas viaxan a Cádiz
Membros da Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas realizan unha excursión pola provincia de Cádiz que ten como obxectivo principal a visita ás cidades de Xerez, San Fernando, o Porto de Santa María e a capital gaditana. A expedición, formada por medio centenar de persoas, ten previsto percorrer o sur de España ata o domingo 13 de outubro no que está fixado o seu regreso.
A Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas realiza periodicamente excursións de carácter lúdico e artístico co fin de combinar o ocio dos seus compoñentes coas actuacións así como o coñecemento cultural e turístico de diversas cidades e lugares de España.











