Marín recolecta bicicletas usadas para restaurar e entregar a persoas sen recursos
O Concello de Marín, a través de Servizos Sociais, en colaboración coa Asociación Fins, organizan unha recollida de bicicletas usadas, vellas, novas, non importa o estado, para posteriormente organizar un obradoiro, no que terán preferencia de praza desempregados, e que unha vez rematado o obradoiro, se doará a persoas sen recursos. As bicicletas pódense entregar no terreo de Briz, do 1 ao 15 de outubro de 8 a 15 h.











