Máis dun milleiro de persoas participan nas actividades de obradoiros 2013-2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, informou hoxe de que a nova tempada de obradoiros 2013-2014 comezou o pasado martes, día 1 de outubro. Deste xeito, a maioría dos cursos e actividades programadas están xa en marcha, agás os de Informática Social e Informática 3.0 e as que se impartirán nas asociacións de mulleres que comezarán a vindeira semana.

Un total de 1.065 persoas están inscritas nestas actividades, que foron programadas pola Concellería de Igualdade atendendo ás preferencias das propias usuarias. Os obradoiros e cursos teñen como sede diferentes instalacións municipais e en diferentes barrios, co obxectivo de avanzar na descentralización destes cursos.

3 de outubro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.