Máis dun centenar de mozos achegaranse a X Edición da CambRED

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Hoxe presentouse a X Edición da cambRED, unhas xornadas tecnolóxicas que terán lugar os días 31 de outubro, 1,2 e 3 de novembro e nas que, durante catro días, poderase participar en diferentes actividades relacionadas coa informática, o entretenimiento e as últimas novidades do lecer digital. A organización desta concentración corre a cargo da Concejalía de Mocidade do Concello de Cambre e das asociacións xuvenís GXiC e Movemento Xove. O concelleiro de Mocidade, Fernando Caride, e os responsables de ambas asociacións, Segio Cao, e Alejandro Branco presentaron a cita da próxima semana. Caride aposta por unha nova edición cargada de actividades relacionadas co lecer digital no que denominou o evento de referencia na provincia neste tipo de encontros digitales. “A cambRED é xa un evento de referencia que cumpre a súa X aniversario e é o noso deber potenciarlo e apoialo en todo o que podamos. Creemos que este ano se superará a asistencia do pasado curso. Quero felicitar aos organizadores e aos técnicos pola programación deste ano que seguro atraerá a moitos máis interesados na REDE”, destacou Caride.

Haberá máis de 120 prazas para as que se deberá realizar unha inscripción previa cuxo prazo arrincou a pasada semana e finalizará o mesmo día do inicio das xornadas tecnolóxicas. Como en edicións anteriores, as xornadas celebraranse no polideportivo Sofía Touro de Cambre no que se instalará un área de lecer, unha sala de descanso e un bar que estará operativo as 24 horas do día. Cao explicou que se trata de ofrecer durante catro días unha alternativa de lecer digital e a de crear un foro anual no que se comparten coñecementos sobre o entretenimiento digital, ferramentas de traballo ou redes sociais. “Destacaría por encima de todas as cousas o intercambio de coñecementos entre os asistentes e o partido que logo lle sacan nas súas vidas a diario”, apunta Cao.

Entre as actividades máis destacadas deste ano destacan a celebración de conferencias sobre informática e lecer digital a cargo de expertos acreditados na materia, xogar en rede, compartir arquivos pola rede local, etc, etc. Entre as conferencias destaca a de “seguridade e vulnerabilidade nas redes informáticas”, a cargo de Academia Postal. Ademais, Miguel Gesteiro e Román Pena ofrecerán unha visión sobre un xogo que revolucionou a rede, o “Trivia-2”. E para rematar, Carlos López, tradutor do Twitter, explicará o futuro das linguas na rede.

Ademais, se habilitará un espazo de xogo no que calquera veciño, aínda que non estea inscrito nas xornadas, poderá gozar das videoconsolas, futbolín, ou tenis de mesa. Concretamente, os asistentes ás xornadas poderán xogar en rede a varios xogos e ata se levarán a cabo competicións cuxas finais disputar o domingo. Os ganadores das distintas modalidades recibirán premios en metálico.

Como en edicións anteriores para levar a cabo unha correcta inscripción os participantes deberán rexistrarche como usuario da páxina web www.cambred.com. Tamén poderás configurar outras opcións como o sitio que queren dentro da cambRED e outras. Para poder asistir á cambRED é indispensable:

-Ter 16* ou máis anos.
-Posuír DNI válido ou NIE. *En caso de ser menor de idade deberás traernos unha autorización do teu pai/nai/titor. Nós facilitarémosche o documento.

25 de outubro de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.