publicidade hoxe

Máis de 600 deportistas participarán na carreira popular “Toffe – Concello de Rianxo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRianxo
A-
A+

Mañá, 1 de novembro, entre as 11 e as 13:30 h. vaise celebrar a I Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo, organizada polo Concello de Rianxo e o Club Atletismo de Rianxo.

A carreira vai ser un éxito de participación e unha grande festa do deporte, xa que se inscribiron un total de 643 deportistas de tódalas idades , 300 nas categorías absolutas, acadándose o tope previsto pola organización, e 343 en categorías de menores (ata cadetes).

Na categoría absoluta destaca a presenza de Robertas Geralavicius, que ven de quedar 5º na Pedestre de Santiago de Compostela, de Víctyor Riobo Villanueva, actual Subcampión de España da Milla, e Uxío Abuín Ares, íntegrante da Selección Española sub23 de Triatlón, entre outras.

CATEGORÍAS

Menores

Xoubas 2008 – 2009 (100 metros)

Sardiñas 2006-2007. (500 metros)

Benxamín 2004-2005. (500 metros)

Alevín 2002-2003. (750 metros)

Infantil 2000-2001. (750 metros)

Cadete 1998-1999. (6.666 metros)

Absoluta (10.000 metros)

Xuvenil 1996-1997.

Júnior 1994-1995.

Promesa 1991-1992-1993.

Sénior 1979-1990.

Veteranos A 1966-1978.

Veteranos B 1953-1965.

Veteranos C 1952 e anteriores.

31 de outubro de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.