Lúa Piñeiro foi convocada para o WTF Gran Prix 2013 de Taekwondo

Lúa Piñeiro
A galega Lúa Piñeiro (-67 quilogramos) foi convocada pola Federación Española de Taekwondo para participar no WTF Grand Prix 2013, que se disputará en Manchester (Gran Bretaña) entre os días 13 e 15 do mes de decembro. Lúa está a facer unha gran tempada e esta clasificación é unha proba máis deste feito.
Lúa participou este ano no Mundial, despois de proclamarse campioa de España no seu peso, e estivo a so un paso de lograr unha medalla. O mes pasado acudiu ao Open Panamericano, nunha viaxe subvencionada pola Federación Galega de Taekwondo, pero non tivo un bo campionato e caeu na primeira rolda contra a deportista local, Victoria Heredia.











