Lousame retoma o taller de memoria “Activa-mente”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Por onceavo ano consecutivo o Concello de Lousame, dentro do Programa de Dinamización de Persoas Maiores subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, continúa coa actividade Talleres de Memoria dirixida a tódalas persoas maiores de 65 anos.

Baixo o lema ¡Activa – mente!, este Taller pretende:

-Mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores, exercitando a súa memoria para previr ou retardar a aparición do deterioro cognitivo.

-Promover a xuntanza de veciños e veciñas para recordar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas.

O Taller de Memoria arranca de novo nos locais sociais de cada parroquia na primeira semana de outubro, e desenvolverase en sesións semanais impartidas por persoal dos Servizos Sociais do Concello.

Nestas sesións lévanse a cabo actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, as funcións executivas, o cálculo e a linguaxe.

Estas áreas trabállanse mediante dinámicas e exercicios adaptados ao nivel do grupo e tamén ao nivel de cada participante cando é necesario.

A INSCRICIÓN É GRATUÍTA E ESTÁ ABERTA DURANTE TODO O CURSO, ATA O MES DE XUÑO. Para inscribirse ou pedir máis información poden contactar cos Servizos Sociais no teléfono 981.820494.   

¡Dende o Concello anímase a tódalas persoas maiores de Lousame para que veñan participar nesta actividade coa finalidade de manter e mellorar a súa calidade de vida!

3 de outubro de 2013 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.