Jorge Llorca Freire recibe o sábado o “XXXI premio de novela longa Blanco Amor” pola obra “O violín de Rembrandt”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidirá este sábado, día 2 de novembro, ás 20:30 horas o acto de entrega do XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor, que terá lugar no Teatro Jofre. Esta gala estará aberta ao públicos e os interesados poderán recoller a súa entrada gratuíta, ata o mesmo día do acto ou ata completar o aforo, no despacho do teatro municipal. Ao acto de entrega do premio tamén asistirá o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso.

Jorge Llorca Freire, o gañador da trixésimo primeira edición do “Premio de Novela Longa Blanco Amor”, recollerá o seu galardón pola novela “O violín de Rembrandt” que inclúe un premio en metálico de 12.020 euros. Na obra gañadora prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local se ve neutralizado con personaxes cotiás.

29 de outubro de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.