Iván Raña rematou sexto no Campionato do Mundo de Ironman en Hawai
Iván Raña segue dando pasos adiante na súa carreira profesional. Despois dos seus éxitos no tríatlon olímpico, onde foi o primeiro home forte do tríatlon galego e español, agora comeza unha carreira na longa distancia con moi boas sensacións. No primeiro campionato do mundo de Ironman, disputado en Hawai, logrou unha espectacular sexta posición, que fai soñar ao tríatlon galego con novos éxitos no Ironman.
Iván Raña deu o salto á longa distancia esta tempada e as sensacións non poden ser mellores, sobre todo tendo en conta que nesta especialidade a experiencia é decisiva. En Hawai estaban moitos triatletas procedentes coma Iván da distancia olímpica, e o galego estivo por diante de todos eles e facen unha proba excepcional. A súa primeira fazaña nesta distancia.
Raña saíu no grupo dianteiro da auga (51:06), entre os mellores e foi na bicicleta onde peor o pasou (4:40:34) xa que nesta modalidade hai verdadeiros especialistas. Pero na carreira a pe, una maratón, Iván foi remontando posicións ata chegar ao sexto posto, logrando o segundo mellor tempo neste terceiro parcial (02:47:54). Iván Raña foi o sexto clasificado no Campionato do Mundo Ironman cun tempo total de 08:23:43, mentres que o belga Frederick Van Lierde logrou o título de campión do mundo (08:12:29). Ademais o español Eneko Llanos, que partía coma un dos favoritos, foi undécimo.
As distancias do Ironman son de 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e 42,2 quilómetros de carreira a pe.











