Investiranse 80.000 euros nas obras de mellora da estrada Valdepereira-Maside
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe unha reunión no Pazo Provincial co alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, na que abordaron cuestión relativas a proxectos a desenvolver neste municipio no exercicio de 2014. Entre as iniciativas tratadas na reunión figurou as obras de mellora na estrada provincial OU-0303 Valdepereira-Maside, proxecto no que Manuel Baltar comprometeuse a incluír dentro do Plan Provincial de Obras de 2014. Esta actuación consiste na execución da terceira fase das obras en dita estrada, cun orzamento inicial comprometido de 80.000 euros.