Informática básica, obradoiro de lectura e memoria e teatro entre a oferta de actividades para adultos
O Concello de Salvaterra de Miño informa que se abre o prazo para inscribirse nos diferentes cursos e actividades que empezarán o próximo 15 de novembro ata o 29 de abril. Estas actividades divídense en dous bloques, actividades para adultos e actividades infantís.
Dentro das actividades para adultos temos Informática Básica, un obradoiro de lectura e memoria e teatro. Para os mais cativos temos tamén un obradoiro de lectura infantil e actividades de debuxo e pintura. Os interesados en participar nestes cursos deberán anotarse na Biblioteca ou no mail salvaterra@rbgalicia.org, xa que as prazas son limitadas











