Formación de alumnos de informática en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda continúa a colaborar na formación de estudantes mediante a suscripción de convenios de colaboración con centros educativos e academias. Así, a Administración local facilita a realización de prácticas non laborais nas dependencias municipais, especialmente nas áreas de Cultura, Turismo e Servizos Económicos. Nesta liña, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, asinaba un acordo de colaboración con Academia Postal polo que tres alumnos do curso de Administración de Bases de Datos, que se imparte no Centro de Formación Ocupacional, realizarán as súas prácticas na Casa da Cultura por espazo de 80 horas.

Noutro orde de cousas, o Concello lembra que a Aula Municipal de Informática, ubicada na mesma Casa da Cultura, abre as súas portas de luns a venres de 10 a 13 horas e, entre o 28 de outubro e o 15 de novembro, ampliará tamén ese horario ás tardes, de 17 a 20 horas.

29 de outubro de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.