Finaliza a primeira parte do proxecto Sementeira emprendido por Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Entrega de diplomas aos participantes no proxecto

Entrega de diplomas aos participantes no proxecto

Esta mañá clausurouse a primeira fase do proxecto Sementeira emprendido por Cáritas Ordes e no que participan preto de 20 veciños e veciñas. No acto de entrega de diplomas estiveron presentes Manuel Regos, alcalde de Ordes; Silvia Marín, Tenente de alcalde de Ordes; Javier García Sánchez, responsable de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela; Pepe González e Clemente Boo, administrador e secretario de Cáritas Ordes respectivamente.

Ademais das felicitacións e dos ánimos brindados a todos os integrantes deste proxecto, tamén houbo palabras de recoñecemento en alusión “á boa labor de integración e de reinserción que se está a levar a cabo no Concello”. Neste sentido Javier García Sánchez, interesouse pola “cohesión, comunicación e traballo de equipo que se realiza entre todas as áreas, organizacións e organismos que actúan no Concello, felicitando abertamente aos Servizos Sociais pola metodoloxía empregada no seu traballo e que demostra a eficacia que aporta a unificación de recursos neste tipo de cuestións”.

Ao longo das últimas semanas os participantes recibiron formación  e adquiriron coñecementos sobre agricultura ecolóxica, contando para elo con docentes especializados na materia. Un curso cunha duración total de 52 horas que se impartiu na vila de Ordes e no que os alumnos pudieron resolver dúbidas e analizar aqueles cultivos máis recomendables dada a época do ano e o tipo de terreo. Algúns dos aspectos dos que tamén se falou foron a producción industrial e os seus problemas, a importancia dos coñecementos tradicionais, os elementos necesarios para o cultivo dunha horta ecolóxica, o seu deseño, a súa planificación, a elaboración dunha axenda ou calendario de cultivo, elección de cultivos, a terra e a labra, as características dos distintos tipos de cultivos, realización da labra, tarefas de preparación da horta e as labores de mantemento , os espazos de cultivo e a realización e elaboración de bancais de cultivos, as infraestruturas e apoio á producción, a maquinaria e apeiros de labranza, os sistemas de rega , fertilizantes, o compost ou os problemas fúnxicos   ou de pragas.

Cultivo de hortas

Nun breve espazo de tempo dará comenzo a segunda fase do proxecto Sementeira, consistente en explotar unha parcela ubicada na vila de Ordes. Precisamente esta mañá o alcalde de Ordes e os membros de Cáritas citados anteriormente acudiron á finca onde se realizarán as labores de plantación e recoleción. Un terreo de máis de 8.000 metros ubicado á mesma entrada da vila de Ordes, e que foi cedido  por 4 familias. Mesmamente esta mañá persoal da empresa encargada do suministro de augas desprazouse ata o lugar para analizar a posibilidade de instalar un sistema de rego que facilite o traballo dos participantes.

A orixen desta iniciativa xurde de Cáritas Ordes tras observar o incremento de usuarios dos seus servizos e o cambio no perfil destes, ao tratarse de persoas que ata fai pouco gozaban dun traballo estable que a día de hoxe xa non contan con ningún tipo de subsidio. De ahí que se emprenda este proxecto cuxos principais obxetivos son: a creación dun banco de terras destinado ao cultivo para autoconsumo, a elaboración dun plan de formación enfocado ao sector agroalimentario e por último a creación dunha bolsa de emprego.

O proxecto Sementeira está organizado por Cáritas Ordes, o Departamento de Servicios Sociais do Concello de Ordes e a Mancomunidade de Ordes. Tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Asdecomor e a Fundación Pedro Barrié de la Maza.

30 de outubro de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.