publicidade hoxe

Festas do Rosario en Canabal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

A celebración comeza o venres día 11 ás 9 da noite cunha pancetada e chocolatada amenizada por un dúo musical.

O sábado día 12 oficiarase a misa solemne ás 13.30 horas na honra á Virxe do Rosario, que dará paso á tradicional procesión polos lugares de costume. Ás 14.30 horas dará comezo a sesión vermú amenizada pola Orquestra Arabia, que volverá animar coa súa música ao público no baile de tarde-noite ao que se suma tamén un trío musical.

O domingo día 13 a misa solemne celebrarase ás 13:30, á que lle seguirá a procesión. Finalizada esta, dará comezo a sesión vermú a cargo da Orquestra Talismán, que volverá actuar durante a tarde-noite. O domingo haberá tamén unha actuación cultural protagonizada por Yuma o malabarista. Será ás 19:00 horas no campo da festa de Canabal e no marco do ciclo Cultura no Camiño que patrocina o Concello de Sober e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O Concello de Sober colabora coas Festas do Rosario que terán lugar esta fin de semana en Canabal.

10 de outubro de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.