Ferrol recibe tres liñas de subvencións por máis de 63.000 euros para a promoción da igualdade de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol levará a cabo accións formativas en materia de Igualdade grazas a tres liñas de subvencións concedidas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e publicadas o pasado venres día 4 de outubro no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas achegas suman un total de 63.769 euros e están enmarcadas dentro das axudas e subvencións a entidades locais que concede a Administración galega para a promoción da igualdade. Máis concretamente, do Programa de promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Este incremento na contía das achegas da Xunta permitirán a posta en marcha dun novo programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes. A actuación levará por nome “Mulleres na sociedade, nenas na escola” e conta cunha axuda de 10.000 euros. Ademáis, a Xunta de Galicia achega 8.960 euros a continuidade do programa de fomento da conciliación “Tempo para avanzar”.

Apoio ao CIM

Na mesma convocatoria, a Secretaría Xeral de Igualdade resolvía conceder unha achega de 44.809,88 euros ao Concello de Ferrol no marco do programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres. A subvención supón pois un incentivo para o desempeño das funcións de dirección, asesoramento xurídico e animación sociocultural. Esta liña de subvención veuse incrementada con respecto ao pasado ano que era de 21.920 euros.

9 de outubro de 2013 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.