Ferrol participa no escaparate turístico e gastronómico “Expocidades”

Stand de Ferrol en Expocidades
O Concello de Ferrol participa en Expocidades, o maior escaparate do potencial turístico e gastronómico das cidades do Eixo Atlántico. Esta iniciativa realizarase en Lugo do 3 ao 6 de outubro, coincidindo coas festas de San Froilán que celebra a cidade amurallada.
Un total de 25 cidades do norte de Galicia e Portugal se darán cita en Expocidade, que se realiza de maneira gratuíta na avenida alcalde Anxo López Pérez. Esta feira está composta por unha trintena de casetas que mostrará información turística e produtos gastronómicos da cidade naval e estará aberta ata este domingo, en horario de 12:00 a 21:00 horas. O mostrador de Ferrol pódese encontrar información sobre a Ruta do Naval, o noso patrimonio cultural e histórico, sobre o barrio da Magdalena, o castelo de San Felipe ou as praias do litoral ferrolán. Tamén se difunde a gastronomía da zona.











