Ferrol licita as obras de mellora da rúa Alegre en Canido por máis de 1,3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a contratación e licitación da execución das obras de  reurbanización da rúa Alegre, no barrio de Canido. O proxecto licitado polo actual Goberno Municipal inclúe a remodelación da superficie e a renovación da rede do servizo de abastecemento de auga tanto na rúa Alegre como na praza de Canido, que non estaba contemplado no proxecto orixinal herdado no actual mandato e que supuxo un incremento orzamentario de 300.000 euros.

Estas obras de reacondicionamento na zona de Canido serán financiadas en dúas anualidades con cargo ao Programa Urban e terán un importe total de 1.363.768,08 euros (IVE incluído). Ditas intervencións urbanísticas terán un prazo de execución dun ano e o orzamento imputable á anualidade de 2013 é de 113.648 euros, mentres que para o exercicio de 2014 será o restante, 1.250.120,08 euros.

Reciclaxe de papel e cartón

Noutra orde de cousas, a Xunta de  Goberno aprobou esta mañá o proceso de  contratación e licitación do servizo de recuperador autorizado para a recepción do papel cartón recollido no termo municipal.

Por último, o executivo municipal aprobou prorrogar  o contrato correspondente ao sevizo de control da poboación de gaivotas e estorniños á empresa Locus Avis S,L., por un período dun ano e un custe de 47.331,51 euros (IVE incluído).

28 de outubro de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.