Fene inicia novas accións formativas para desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Hoxe da comezo en Fene o Curso: “Prevención de Riscos Laborais no Manexo de Maquinaria Forestal. Manexo Pŕactico de Motoserra e Rozadoira”. Recibironse 38 solicitudes  para un total de 15  plazas  das que 8 son desempregados do Concello de Fene. Impartirase entre o día 30/10/2013 e 07/11/2013 na nave municipal de San Marcos(Fene). O horario nos días 30 e 31 de 18 a 21 horas e os días días 4 a 7 de novembro de 16 a 19 horas.

Por outra banda mañá se inicia a Escola Obradoiro Fene -Ares que rematará o 29 de abril do 2014 desenrrolandose en horario de 7:30 a 15:30. A parte de Fene se desenrrolará a parte teórica na nave de formación de San Marcos e na pista de Fonte do Campo(parroquia de Fene) e nos parques públicos de Casas de Castro e Rosalía(parroquia de Perlío) a parte práctica.

O Obradoiro de Emprego “Fene-Ares”é subvencionado pola Xunta de Galicia  cun importe de 195.435,24 € para a parte do profesorado e os alumnos para a realización do proxecto do obradoiro de emprego denominado “Fene-Ares” para 22 alumnos/as traballadores/as(seleccionados entre 65 enviados pola Oficina de Emprego) distribuídos nas seguintes especialidades formativas:  Actividades auxiliares de apoio ao buque en porto(9 alumnos), Operacións auxiliares de albanelería de fábrica e cubertas(13 alumnos). Dos alumnos 15 son de Fene.

O Concello de Fene contribúe tamén dende o 21 de outubro ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia. A Deputación da Coruña está a  desenvolver en colaboración co concello de FENE, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Ares, Mugardos, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

O Concello de Fene achega as súas instalacións municipais para a impartición da acción formativa de MONTADOR DE ESTRUCTURAS METÁLICAS, que deu comezo este 21 de outubro, cunha duración nesta primeira fase de 290 horas.

Tamén este mes se iniciou con participación na organización do Concello de Fene o PCPI (Programa Cualificación Profesional Inicial) que son accións formativas para desempregados, e o PIE (Programa Integrado para o Emprego) na que 42 desempregados de Fene estarán mais de 6 meses recibindo formación cunha orientación eminentemente práctica e coa financiación na meirande parte da Xunta de Galicia. Nas duas  iniciativas participan  5 concellos mais e atende a 220 persoas desempregadas.

No proximo  mes dará comezo o Programa Cooperación  financiado pola XUNTA de Galicia que contará con 4 desempregados que se formarán e traballarán durante 4 meses 3 deles como peons  e un como auxiliar de axuda no fogar e na que aínda se está a desenrrolar o proceso de selección.

Son polo tanto 9 iniciativas para desempregados que benefician a mais dun centenar de desempregados de Fene que  desenvolve o Concello de Fene neste ano 2013 axudado pola Xunta de Galicia e a Diputación da Coruña e en moitos casos unido a outros concellos ao que hai que sumar o manter un ano mais o Servicio de Orientación Laboral.

30 de outubro de 2013 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.