Estudantes do IES Nº1 visitan a biblioteca de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Os estudantes na visita á biblioteca

Os estudantes na visita á biblioteca

Un grupo de alumnas e de alumnos de 1º da ESO do IES Nº1 de Ordes realizaron esta mañá unha visita guiada á biblioteca municipal de Ordes. Todos tiveron ocasión de indagar e interesarse polos fondos bibliográficos e polas actividades que se levan a cabo no centro. Entre elas suscitou un gran interés o clube de lectura que recentemente se formou e no que veciños e veciñas poñen en común as súas experiencias e impresións en torno a unha mesma obra.

29 de outubro de 2013 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.