Estudantes do IES Nº 1 de Ordes realizan unha visita guiada ás instalacións da biblioteca municipal

Visita dos escolares á biblioteca
Alumnos e alumnas do primeiro curso da ESO do IES Nº 1 de Ordes realizaron na mañá de onte unha visita guiada polas instalación da biblioteca municipal. Acompañados en todo momento por persoal técnico do centro, recibiron explicacións pormenorizadas tanto dos fondos existentes como dos métodos de consulta on line e dos programas que se desenvolven para xente de distintas idades.











