Estruming days celebra en Santa María de Xeve a súa segunda xornada
O Centro cultural de Santa María de Xeve acolle mañá pola tarde, a partir das 17.00 horas, a segunda xornada do programa Estruming days, encontros profesionais para activar iniciativas empresariais no rural, proxecto no que colabora o Concello de Pontevedra para xestar unha rede de pequenas empresas ligadas ao rural que queiran mellorar os seus modelos de negocio aplicando I+D, deseño, tecnoloxía e innovación, colaborando e coproducindo entre eles.
Na sesión de mañá abordarase o valor do deseño como estratexia como medio e coma fin, para xerar produtos e marcas de calidade, eficaces,
familiares, innovadoras…
A programación é a seguinte:
• 17:00h Presentación Equipo Estruming
• 17:05h Presentación do proxecto RuralActivo de Xeve, co equipo de MAOS, Oscar Senra e Xiana Iglesias
• 17:15h 1º dinámica
• 17:20h Presentación convidados: Lola Dopico, directora de ESDEMGA; Martín Rendo e Arturo Gutierrez de Woodglass; Xabier Rilo Calvo, Manuel del Río Regos e Ricardo Tubío Pazo de Cenlitrosmetrocadrado.
• 18:05h 2º dinámica Gaming
• 18:45h Pausa merenda
• 19:15h 3º Dinámica “Estuming Design”
• 20:30h 4ª Dinámica
• 21:00h Fin de la sesion
Xa se celebrou a primeira das sesións de Estruming days, a de I+D e innovación.











