Entrega de diplomas dos cursos do programa Ourense Inserta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

OURENSE  INSERTA é un proxecto de inserción sociolaboral, que depende da Concellería de Facenda, Emprego e Termalismo do Concello de Ourense, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Conta cun orzamento total de 1.387.953,93 € (sendo 277.590,79 € a achega municipal e 1.110.363,14 € a axuda do FSE).

Ten por obxectivo prioritario, articular un sistema de integración sociolaboral que permita favorecer o acceso a un posto de traballo daquelas persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción laboral deste concello a través de procesos de formación especializada en tres ámbitos diferenciados: dependencia, medio natural e hostalaría.

O acto de entrega de diplomas correspóndese con 3 accións formativas (2 do ámbito da dependencia, e 1 do medio natural), desenvoltas dende maio a xullo do presente ano:

1.    19 persoas do curso de “Atención Especializada para Enfermos/as de Alzheimer” (2ª edición / 25 prazas), organizado dende o 6 de maio de 2013 até o 23 de xullo de 2013, cunha duración total de 275 horas.

2.    21 persoas do curso de “Coidador/a de Discapacitados/as Físicos/as e Psíquicos/as” (2ª edición / 25 prazas), organizado dende o 8 de maio de 2013 até o 11 de xullo de 2013, cunha duración total de 225 horas.

3.    14 persoas do curso de “Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais” (2ª edición / 15 prazas), organizado dende o 13 de maio de 2013 até o 24 de xullo de 2013, cunha duración total de 255 horas.

Características das accións formativas:

As accións formativas do Proxecto Ourense  Inserta tratan de axustarse ós requirimentos dos novos certificados de profesionalidade, nos que as persoas participantes ademais da formación teórica, contan coa posibilidade de realizar prácticas en empresas, que son o verdadeiro trampolín para a inserción, ademais do apoio do persoal do proxecto nas titorías individuais que lles axudan a mellorar a súa empregabilidade.

Outra característica fundamental é que moitas persoas participantes contan cunha beca económica que axuda a reforzar a participación, pero que sobre todo, é un apoio cara  mellorar a súa situación persoal.

Usuarios/as:

A día de hoxe, xa foron usuari@s do proxecto máis de 200 persoas, maioritariamente mulleres con cargas familiares, desempregadas de longa duración, que non contaban con ningún tipo de prestación económica, sendo unhas 168 persoas as que finalizaron algún dos 10 itinerarios formativos realizados nestes dezasete meses  que leva de vixencia o proxecto.

8 de outubro de 2013 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.