Entrega da Centola de Prata a Antonio Brea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Ás 18:00 h tivo lugar na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove a charla-coloquio sobre a evolución do deseño dos carteis anunciadores da Festa do Marisco. Esta correu a cargo da deseñadora gráfica e tamén gañadora do concurso de carteis do ano 2010, Dna. Silvia López Costa, que aproveitando o traballo de investigación que está a desenvolver para a súa tese amosounos algunhas apreciacións destes 50 carteis da Festa do Marisco.

O percorrido gráfico e histórico amosa a sinxeleza dos primeiros carteis, feitos a man, e o paso á impresión mecánica ao deseño por ordenador… ás fotografías, ás distintas tipografías usadas en cada época, o simbolismo ou a exaltación ou redución de iconas distinta en cada ano.

A continuación o Sr. alcalde do Grove acompañado dalgúns membros da Corporación Municipal fixéronlle entrega a D. Antonio Bea dun agasallo en recoñecemento ao seu traballo. Este grovense foi o que pintou os primeiros carteis da festa, alá polo 1963. Estes, dos que aínda se conservan 2 no Concello, foron feitos a man. O seu mestre foi o coñecido Ernesto Goday e naqueles tempos non eran moitas as persoas que pintaban. D. Antonio pintaba de todo, ata as entradas, que falsificaba, para ir ao Baile cos seus amigos.

A D. Antonio Bea entregáronlle hoxe a Centola de Prata e unha reprodución que recorda aquel primeiro cartel da Festa do Marisco.

5 de outubro de 2013 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.