Elevados índices de participación na segunda edición de Faiponting en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Eran algo máis das 20:00 horas cando o evento Faipontig deuse por rematado co rock de “Gold&Colt + Querido Extraño” e o concerto para cans como broches dunha intensa xornada na que a actividade non cesou.

As 11:00 horas partía o roteiro guiado, que xa se levara a cabo na primeira edición, estivo esta vez  acompañado polas performance do Centro Coreográfico Galego que aderezaron o percorrido polo Pazo (da man de Santiago Ezquieta) a Sala de Exposcións (Ramón Rozas) e a Illa do Covo (Itziar Ezquieta). Á mesma hora, iniciouse o  obradoiro familiar de detectives foron as primeiras actividades do programa. Os equipos percorreron a Illa á procura de pistas para resolver misterios, acompañados de Sherlock, Indiana, un Quasimodo que non deixou de amolalos e unha diosa romana. Pequenos e maiores quedaron encantados coa cantidade de cousas que aprenderon  mentres xogaban.

A arte e o bo facer estiveron presentes en todas e cada unha das performance de danza, da man da Escola de Danza Déborah e de Isaías Salazar (Trío flamenco) e sorprenderon a moitos paseantes que se achegaron á Illa sen coñecer a programación

A mañá rematou aprendendo a bailar con Pesdelán, pero a hora de xantar non fixo que o parque se baleirase, xa que moitas familias e grupos, quedaron a comer agardando as actividades da tarde.

Reanudouse a actividade ás 16:00 cos obradoiros “Voando Libres” (inscrición previa) para coñecer as especies que habitan o ecosistema do parque e elaborar pezas con material atopado nel e o obradoiro de natureza e instrumentos musicai e co agardado concerto para cans, da man de músicos da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. As mascotas da casa, todas moi ben educadas, puideron gozar de dous pases ás 16h. e ás 19h. E aínda que o primeiro estivo moi ben, a hora da siesta fíxose notar e os peludos da segunda sesión estiveron moito máis animados. Non defrudou, e congregou a decenas de cans e donos que viviron unha experiencia única e divertida, e que ao rematar foron inmortalizados nunha banda deseñada realizada polo alumnado do Garaxe Hermético.

Ás 17 horas, coincidindo coa saída do segundo roteiro, os que na Illa se atopaban gozaron da maestría e o precioso traballo conxunto da Orquestra de Cámara de Lira e a Escola de Danza Déborah, xa que algunhas das pezas musicais interpretadas, estiveron acompañadas por bailarinas.

E para rematar o día, tocou bailar aos nenos/as e pais no multitudinario espectáculo “Na punta do pé” de Pesdelán e aos máis rockeiros ao son de “Gold&Colt “ e “Querido extraño”.

Rematada a xornada, a valoración foi máis que positiva e superou as expectativas con creces. O bo tempo axudou a que centos de persoas cruzaran a ponte para achegarse a este espazo de lecer ao que quixemos achegar as artes escénicas, a música, etc. e volvelas accesibles por un día a todos os públicos, inclusive o canino.

Para o ano que vén, tan pronto o tempo o permita, programaremos novas experiencias Faiponting coma sempre, cheas de sorpresas.

7 de outubro de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.