publicidade hoxe

Dodro inicia os talleres de escolaridade e os obradoiros de memoria e alfabetización de adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodro
A-
A+

Comezaron en Dodro os Talleres de escolaridade e os Obradoiros de memoria e alfabetización de adultos, ambas actividades organizadas pola concellería de servizos sociais e igualdade. Á presentación acudiú a concelleira da área Marisol Boga Grela.

Os talleres de escolaridade que forman parte do programa de conciliación serán, de outubro a xuño de luns a venres en horario de 16h a 19h para nenos/as de 6 a 12 anos.

Os principais obxetivos dos talleres ademáis de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar son o apoio e reforzo escolar, actividades dirixidas a desenrolar actitudes creativas e positivas, potenciar a lectura comprensiva, coidar e perfeccionar a expresión oral e escrita e fomentar a educación en valores.

Os talleres de memoria e alfabetización de adultos están destinados ás persoas maiores de 60 anos de Dodro. O curso será dende outubro ata xuño cunha duración de dúas horas semanais e realizase en 6 aldeas do Concello: Vigo, Tallós, Imo, Bexo e Traxeito. Estes talleres, que sempre teñen unha gran aceptación por parte dos veciños, forman parte do programa de embellecemento activo do concello.

2 de outubro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.