publicidade hoxe

Danse por solucionados dous vertidos de augas residuais no concello de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontecesures
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través dos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV), vén de emendar dous puntos de vertidos de augas residuais no Concello de Pontecesures. Ambas achegas procedían da rede pluviais, unha delas afectaba ao río Ulla e outra ao rego de Chancela.

No primeiros dos casos, o vertido foi localizado na rúa Eugenio Escuredo, á altura das dependencias de Protección Civil, polo que se abriu unha investigación a que determinou que os aportes procedían de dous inmobles sitos no Camiño de San Xulián: unha vivenda unifamiliar e un edificio dunhas 25-30 vivendas.

Ante esta situación, requiriuse ao Concello de Pontecesures para que acometese as conexión pertinentes deixando libre de contaminación a citada rede de pluviais.

No caso do aporte cada o rego da Chancela, a altura da Avenida de Vigo, este foi verificada mediante observacións realizadas e a toma de mostras, e concluíse que a problemática residía nun atranco existente na rede de saneamento que forzaba a saída de augas residuais sen depurar a través dun ramal de desaloxo de augas pluviais. Solicitouse ao concello que emendara esta situación coa execución de traballos de limpeza.

Compre destacar que estes vertidos foron detectados polos técnicos de Augas de Galicia durante unha inspección para o control e eliminación dos puntos de vertido existentes.

Finalmente, formalizaron un nova inspección á zona para verificar a correcta acometida das augas residuais co devanditos inmobles coa rede de saneamento, así como a limpeza da zona atascada, e comprobar a ausencia de emisións contaminantes aos cursos fluviais.

16 de outubro de 2013 | 00:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.