publicidade hoxe

Curtis participa nun proxecto europeo de xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocalLocal Portada
A-
A+
Reunión preparatoria en vratsa Bulgaria

Reunión preparatoria en vratsa Bulgaria

A través do programa europeo ” Xuventude en acción” o Concello de Curtis participa nun proxecto europeo xunto con outros municipios e entidades dos países de: Bulgaria, Italia, Portugal, España e organizacións non gubernamentais.

Esta semaña desenvolveuse a reunión preparatoria do proxecto de “DEMOCRACIA PARTICIPATIVA” para axudar aos mozos das zonas rurais no seu desenvolvemento e conservación, como parte activa da Comunidade Europea e aumentar o seu coñecemento da función e importancia da sociedade civil, as súas organizacións e iniciativas cívicas.

No municipio de Vratsa (Bulgaria), durante os próximos cinco meses desenvolveranse actividades cos mozos nos distintos países:
1- promover o diálogo entre as autoridades locais e as organizacións dos mozos desenvolvendo diferentes formas de participación dos mozos na toma de decisións.
2- desenvolver, promover e impulsar o voluntariado como formas de participación cidadá, activa ao servizo da comunidade.

O proxecto finalizará cun encontro no municipio de Vratsa onde os mozos expoñerán as iniciativas postas en práctica durante todo este período.

14 de outubro de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.