Curtis acollerá a XIV Festa do Cogomelo e III Ruada no lugar de Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCurtis
A-
A+

O 26 e 27 de outubro terá lugar en Teixeiro a XIV Festa do Cogumelo. Durante estos días celebraranse unhas xornadas de exaltación do Cogomelo destas terras, un dos lugares más propicios para a súa aparición pola abundante choiva e a humidade do outono.

O sábado 26 organizarase unha saía ao monte para a recollida de cogomelos.

O domingo 27 haberá unha exposición na praza de España e unha ruta gastronómica polos locais de hostelería do Concello.

Son moitos os afeccionados a este rico manxar que se achegan tódolos anos tanto para a súa degustación como para a súa colleita no monte.

Ao mesmo tempo poderemos desfrutar do ambiente coa III Ruada de Teixeiro organizada xunto coa Asociación Cultural Faragulla o sábado 26 a partir das 21:30 na Casa Miraz de Teixeiro.

9 de outubro de 2013 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.