Cursos gratuítos de iniciación á informática en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden formalizar a súa inscripción na Casa da Cultura ou chamar ao teléfono 981 390 233
Neda, 16 de outubro de 2013. A Concellería de Educación e Cultura animou á veciñanza de Neda a anotarse nos Cursos de Iniciación á Informática para persoas sen coñecementos previos. Unha proposta completamente gratuíta que arrancará o vindeiro martes, 22 de outubro, e cuxo prazo de inscripción se pechará este venres, día 18.

Serán de 30 horas de duración, repartidas en dúas horas dous días á semana, na Aula de Informática da Casa da Cultura, con grupos limitados a un número máximo de alumnos para facilitar a aprendizaxe. Así, as persoas interesadas en parti-cipar nesta iniciativa tan só deben formalizar a inscripción na Casa da Cultura ou ben chamar ao número de teléfono 981 39 02 33.

Así mesmo, o Concello sinala que os cursos son posibles grazas ao convenio de colaboración asinado entre o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o centro educativo Rodolfo Ucha e polo cal o Concello ofrece prácticas formativas a alumnos e alumnas dos últimos cursos das instalacións educativas.

16 de outubro de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.