Curso de manipulador de alimentos en Marín
Marín acolle un curso de manipulador de alimentos. Esta acción está incluída no Programa integral bolboreta do Concello de Marín, concedido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social europeo. O obxectivo de favorecer o acceso ao mercado laboral das mulleres con dificultades de inserción a través da obtención do carné homologado de manipulación de alimentos. O curso terá lugar o día 25 de outubro en horario de mañá para un total de 15 mulleres desempregadas, a inscrición será ata o día 24 de outubro nas instalacións do CIM.











