publicidade hoxe

Curso de atención sociosanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse nas oficinas do Concello dende o 22 de outubro ao 29 de outubro.

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Ponteceso organiza un curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio de 600h, puntuable para a obtención do certificado de profesionalidade. O curso está dirixido a persoas desempregadas, e terán preferencia na inscrición as persoas empadroadas no Concello de Ponteceso. O curso comezará o 4 de novembro e será de luns a venres de 09.30h a 13.30h na Casa da Cultura en Ponteceso. Haberá 15 prazas que se asignarán por orde de inscrición e con preferencia a persoas desempregadas e empadroadas no Concello de Ponteceso. Gratuíto.

21 de outubro de 2013 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.