Culmina o operativo de limpeza dos cemiterios municipais para a celebración do Dia de Defuntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Operarios municipais do Concello de Ponte Caldelas levaron a cabo un operativo de limpeza e posta a punto dos cemiterios municipais co fin de que poidan estar en perfectas condicións para a celebración de Difuntos.

Os operarios reforzaron a presenza de colectores e papeleiras e revisaron as conducións de auga e servizos públicos nos cemiterios de Ponte Caldelas e A Insua, de titularidade municipal, co fin de favorecer as tarefas de limpeza que nestas datas acometen os habitantes destas zonas para acoller a celebración de Difuntos.

As brigadas municipais acondicionaron tamén as zonas axardinadas e dotáronse de máis contendores nas inmediacións dos camposantos. Así mesmo, recordouse á empresa Urbaser, concesionaria do servizo de lixo, que extreme ao máximo a frecuencia de recollida nos cemiterios co fin de que estean en perfecto estado.

Por outra parte, tamén se reprogramaron as iluminacións destes cemiterios para que permanezan acendidos durante máis horas nestes días. Tamén os operarios municipais, reforzados por unha brigada de mantemento do Plan de Emprego de la Diputación levaron a cabo labores de reparación de vilas de auga, papeleiras defectuosas e reposición de pedras ornamentais nas zonas axardinadas dos cemiterios.

Nestas datas, a presenza de persoas nos camposantos do municipio son constantes debido aos labores de limpeza e acondicionamento de nichos e panteóns para acoller a visita de numerosos familiares dos defuntos que tanto o 31 de outubro coma o 1 de novembro se dan cita nos cemiterios para honrar os seus seres queridos.

29 de outubro de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.