publicidade hoxe

Culleredo reúne dende o venres unha colección de buxainas de todos os continentes no Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal Portada
A-
A+

Dende o venres 11 de outubro ata o 10 de novembro a aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo acollerá unha orixinal exposición sobre literatura infantil, buxainas e ilustracións.

Esta exposición, denominada “O espazo máxico. Buxainas e libros para nenos” ofrece:
– Una antoloxía de libros da mellor literatura infantil.
– Una selección de ilustracións realizadas polos mellores ilustradores actuais que recrean e interpretan textos literarios, de todas as épocas, onde aparecen citadas as buxainas.
– Una colección de buxainas de todos os continentes.
– Una selección de números da revista de Literatura Infantil e Xuvenil “Buxaina”, unha das máis importantes do país que cumpre 25 anos de vida.
– Talleres de buxaina-pintura, de poesía-buxaina, e de xogos de buxainas.

O horario de visita é de luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas, e sábados de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
A inauguración terá lugar o venres 11 de outubro ás 20.30 horas. Os asistentes poderán gozar da actuación do grupo Rapazz Quartet. Os pequenos poderán participar en talleres.

9 de outubro de 2013 | 23:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.