publicidade hoxe

Culleredo percibe 125.000 euros para financiar as obras das infraestruturas no Polígono da Marisqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Antonio Cañás, asinou esta mañá co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, o convenio de colaboración para financiar as obras de acceso ao Polígono da Marisqueira.

O acordo, que foi asinado na sede provincial, ten como obxecto formalizar a achega da Deputación destinada ao proxecto de mellora de infraestruturas no polígono. A cantidade subministrada pola Deputación da Coruña ascende a 126.303,28 euros, unha cifra coa que se sufraga o 13% do orzamento total que o Concello de Culleredo destinou a esa obra.

O convenio ten carácter retroactivo xa que as obras foron adxudicadas no ano 2009 e o primeiro acordo, asinado coa anterior Corporación, non se puido facer efectivo por problemas xurdidos durante o procedemento. Desta maneira, desbloquéase unha achega económica que o alcalde considerou como “moi necesaria para ter dotado de saneamento, beirarrúas e servizos básicos ás empresas asentadas neste polígono”.

4 de outubro de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.