publicidade hoxe

Culleredo lanza un programa de reforzo escolar tras o horario lectivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo executa o seu plan contra o fracaso escolar co programa de apertura dos centros escolares públicos en horario non lectivo. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a apoiar e colaborar cos alumnos empadroados no municipio, para sacar adiante o curso.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, apunta que este programa de reforzo e apoio educativo ten como finalidade frear o fracaso e o abandono escolar, marcando os seguintes obxectivos:

– Contribuir á mellora das aprendizaxes, fomentando a motivación para o éxito escolar
– Dotar ao alumnado de ferramentas e estratexias para mellorar nos estudos
– Aplicar as técnicas de estudo para mellorar os hábitos de traballo.
– Mejorar as competencias básicas para o alumnado en risco de abandono
– Orientación e apoio para actividades encamiñadas á obtención do título de graduado de secundaria

O Concello abre o prazo de inscrición para o programa, que estará aberto ata o 31 de outubro próximo. A acción está dirixida ao alumnado do 3º ciclo de Primaria (5º-6 º), a ESO (1º-4 º) e PCPI.

As clases levaranse a cabo nos centros escolares Isaac Díaz Pardo (O Burgo), Sofía Casanova (Vilaboa), Ría do Burgo (A Corveira), Tarrío e IES Eduardo Blanco Amor, unha vez finalizadas as horas lectivas. Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e ata un máximo de 15.

Pódese obter máis información no Departamento Municipal de Educación, sito no Pazo de Villa Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. O por teléfono no 981 66 12 08. Ou no correo electrónico educacion@culleredo.org. As actividades que se contemplan son as seguintes:

– “RefórzaT”, consistente nun apoio e reforzo ás aprendizaxes escolares
– “ConciénciaT”, con accións potenciadoras do ensino das ciencias con metodoloxías divertidas
– “Estudo con TecniK”, que traballará unha serie ferramentas que proporcionen unha mellora do rendemento e faciliten o proceso de memorización

23 de outubro de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.