publicidade hoxe

Culleredo evitará os problemas de inundacións de Boedo xerados tras as obras da AVE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo evitará os problemas de inundacións que padece a parroquia de Boedo. O goberno municipal licitará nas próximas datas obras de renovación de firme e captación de pluviais coas que se eliminará esta situación na estrada que comunica Boedo con Vista Alegre.

Os arrastres e acumulacións de auga nesta vía agraváronse nos últimos anos como consecuencia do desvío da vía do ferrocarril para construír a liña de alta velocidade. Isto levou consigo a supresión da antiga tagea, que recollía as augas dos montes e impedía que baixasen pola actual estrada.

As obras consistirán na construción dunha nova tagea, o colector de pluviais, o rebaixe da rúa actual, así como a pavimentación e o aglomerado da estrada. En total se tratarán de dúas actuacións, cuns presupostos respectivos de 31.000 e 16.000 euros. Con esta actuación, o Concello de Culleredo corrixirá unha problemática contraída tras as obras da AVE e mellorará así mesmo a seguridade vial na parroquia.

7 de outubro de 2013 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.