publicidade hoxe

Culleredo conclúe unha nova senda peonil para comunicar A Corveira vella coa nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

Finalizáronse os traballos de construción dunha nova senda peonil que une a parte antiga do núcleo coa máis recente, e que acumula a maior parte de servizos da zona.

Trátase dun camiño que os veciños empregaban habitualmente para os seus labores diarios. Pero facíano a través do campo. Agora contan xa cunha ruta segura e adaptada á estética do ámbito.

A senda peonil comeza na avenida da Corveira e baixa ata as rúas Amparo López Jean e Suárez Ferrín. Está realizada con madeira tratada, cunha lonxitude que supera os 100 metros.

O Concello executou o proxecto cun presuposto de 30.000 euros, financiado por o plan DTC-94 da Deputación da Coruña.

O goberno local incluíu esta actuación dada a necesidade detectada de mellorar a accesibilidade e mobilidade dos veciños da zona. Con este camiño, tanto os veciños a parte vella da Corveira como os de Vilaboa ou Cordeda poden chegar a un importante núcleo
comercial e de equipamentos de forma máis rápida e segura.

Seguen en marchas as reparacións de beirarrúas Coa mesma intención de favorecer os peóns, o Concello segue levando a cabo os traballos de arranxos de beirarrúas no Burgo, no ámbito de La Cros. Nos últimos días, os operarios reparaban puntos de rúas como Anxo Senra ou Manuel Azaña.

O Concello deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio. O proxecto inclúe tamén a reparación daquelas zonas de estacionamento de vehículos que así o requiren, puntos polos que tamén pasan os vecinos a pé.

Os diferentes puntos a mellorar foron localizados polos servizos municipais ou transmitidos polos veciños. Este plan desenvolverase durante os próximos 6 meses nas parroquias do Burgo, Rutis e Almeiras. En total, o proxecto, cun presuposto de 24.300 euros, inclúe a reparación de 463,69 metros cadrados de superficie de beirarrúas do municipio e de 310,92 metros cadrados de pavimento de zonas de aparcadoiro.

Por último, o Concello engadiu ao proxecto a dotación de papeleiras ao longo destas zonas. Trátase dun complemento para os veciños que axudarán a manter as rúas máis limpas.

14 de outubro de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.