publicidade hoxe

Culleredo comeza a programación de adultos nas Bibliotecas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo inicia en outubro a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca “Xosé Cardeso Liñares”, situada en Vilaboa, acolle desde a vindeira semana diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.

Cada quince días terán lugar as reunións do Club das Mañás e do Club das Tardes. O primeiro xuntarase os martes, cada 15 días, de 11.00 a 12.00 horas, a partires do 8 de outubro. O segundo empezará o día 10, polo que se reunirá os xoves de 17.00 a 18.00 horas.

O outro club que funcionará na rede de bibliotecas municipais será o de maiores, reservado para veciños de máis de 65 anos. Xuntarase o primeiro luns de cada mes, comezando este día 7, en horario de 17.00 a 18.30 horas, neste caso na Biblioteca “Miguel González Garcés” de O Burgo.

Ademais dos clubes, o Concello oferta as chamadas tertulias temáticas. A Tertulia Literaria empeza hoxe martes, día 1, en Vilaboa, de 19.30 a 21.00 horas, desenvolvéndose polo tanto o primeiro martes de cada mes.

A Tertulia de Arte será os luns, de forma quincenal, comezando o 7 de outubro, en horario de 19.30 a 21.00 horas no Burgo.

Finalmente, a Tertulia de Historia celebrarase os segundos e cartos mércores de cada mes na Biblioteca do Burgo, de 11.30 a 12.30 horas, Iniciarase o 13 de novembro.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a “variedade cultural” da oferta para adultos da Biblioteca e anima aos veciños a achegarse polas actividades para intercambiar ideas e experiencias culturais con outros veciños.

1 de outubro de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.