Cosario, Anadarivel e Travesío álzanse coas primeiras posicións da primeira manga da XI Regata Ensenada de Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRianxo
A-
A+
Instante da regata

Instante da regata

Como é tradicional nestas datas, o día 26 celebrouse a primeira manga da XI edición da Regata Eduardo Varela na instalacións do Club Náutico de Rianxo. O mal tempo dos últimos días fixo unha paréntese para permitir á frota gozar dun día sen chuvia e cun vento xeneroso que nalgún momento chegou aos 20 nós.

O comité de regatas distribuíu á frota en tres categorías, Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro que tomaron a saída ás 12.30 horas cun vento do sur que se mantivo durante toda a proba oscilando entre os 10 e os 20 nós.

Deseñouse un percorrido de 13 millas con saída nas inmediacións do club virada por estribor na baliza do Seixo, Moscardiño, Ter, nova virada na baliza do Seixo e chegada en Rianxo.

Na Categoría Regata o Corsario VI de Javier Duran pronto conseguiu a primeira posición, que xa non abandonou en todo o percorrido alzándose coa primeira posición da clase Regata seguido polo Chispetren de Jesús Iglesias e o Ziralla de Ramón Barreiro.

Especialmente dura foi a cinguida cara ao Ter que coincidiu cos momentos nos que máis aumentou o vento. Neste tramo parte da frota navegou en rumbo aberto mentres que outras unidades deron un bordo cara á illa de Arosa para evitar a onda no posible.

Na categoría Cruceiro-Regata, o Andarivel de Emilio Patiño foi dominador en todo o percorrido establecendo distancias que lle permitiron realizar unha entrada en Rianxo sen que ningunha unidade ameazase a súa primeira posición. O Viaxes Atlántico de José Manuel Pombar alzouse coa segunda posición seguido do Refachos II de José Carreira.

Na categoría Crucero o Travesío de César Martínez alzouse coa primeira posición seguido polo Piko Norte de María José Seoane e o Thor II de Guillermo Varela.

Nos próximos meses de Novembro e Decembro realizaranse as mangas restantes deste tradicional trofeo que permite á frota da Ría manter a actividade náutica durante estes meses.

28 de outubro de 2013 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.