‘Coruña Smart City’ mellora en eficiencia e gaña en sostibilidade ambiental e calidade de vida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira destacou o importante papel que o desenvolvemento do proxecto Coruña Smart City terá no futuro da cidade, xa que permitirá ser máis eficientes e gañar tanto en sostibilidade ambiental como en calidade de vida. Carlos Negreira, acompañado polo concelleiro de Medio Enrique Salvador, participou no foro Boas prácticas ambientais nas administración locais que se celebrou no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) presentando A aplicación dás novas tecnoloxías na sustentabilidade. Coruña Smart City.

Tal e como explicou o rexedor, o uso das novas tecnoloxías e a posta en marcha da plataforma tecnolóxica vinculada a Coruña Smart City posibilitará obter, dispoñer, utilizar e xestionar un enorme volume de datos e información que permitirá tomar decisións e mesmo establecer relacións: “Os datos xerados por sensores vannos servir para facilitar a toma de decisións e, deste modo, reducir ao pegada ecolóxica, aumentar a eficiencia no uso dos recursos e crear un ámbito favorable para a vida dos cidadáns”, resumiu.

Carlos Negreira puxo como exemplo de actuacións a monitorización de consumos de electricidade, auga ou gas, así como o control intelixente da iluminación que permitirá gañar en eficiencia enerxética en edificios públicos; o sistema de telexestión de contadores nos fogares; unha mellor xestión da auga a través dun sistema de rego intelixente; a telexestión da redes de saneamento e abastecemento que permitirán detectar alertas no servizo ou un sistema de calidade e alerta de augas de baño. Tamén mencionou un sistema de control de calidade de aire e ruído, un sistema de párking intelixente e a optimización do tráfico en tempo real xestionando a rede semafórica segundo as condicións reais.

O rexedor subliñou que un dos puntos fortes de todo este proxecto é que os datos estarán abertos tanto á sociedade coma ao tecido empresarial para impulsar unha maior transparencia e ara deseñar e desenvolver novas aplicacións e servizos que redunden nun maior beneficio para a cidade.

24 de outubro de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.