Corte ao tráfico da rúa da Acibechería
Por mor da realización de obras de mantemento do enlousado do Casco Histórico, dende o xoves 24 de outubro e durante un mes e medio permanecerá cortada ao tráfico a rúa da Acibechería.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











